A esencia das adegas da Ribeira Sacra en imaxes
Unha colaboración fotográfica exclusiva e puntual para adegas seleccionadas

Viñedos na Ribeira do Ulla
Estou a desenvolver unha nova liña de traballo fotográfico enfocada ás adegas galegas. Para iniciar este camiño, busco unha ou dúas colaboracións puntuais con adegas da Ribeira Sacra, nas que eu poida crear imaxes que mostren o valor visual da adega, e que tamén poderei incorporar como exemplos do meu traballo neste sector.
En contrapartida, a adega recibirá unha selección de fotografías profesionais sen custo, listas para usar en web, redes ou material promocional.

.

O que ofrezo:
👉🏻 Reportaxe fotográfica profesional das instalacións, viñedos e detalles singulares.
👉🏻 Selección de 10-15 fotografías entregadas en alta calidade, listas para o uso na web, redes sociais ou material promocional.
👉🏻 Dirección artística para destacar o mellor do espazo e do produto.

Vendima en A Casa de Abaixo (Vedra)
Sí, pero...
Cando?
👉🏻 A sesión realizaríase nas vindeiras semanas, en datas a concretar por ambas partes.
Para quen?
👉🏻 Só para 1 ou 2 adegas seleccionadas que queiran sumarse a esta iniciativa.
Por que?
👉🏻 Porque é unha boa oportunidade de obter imaxes profesionais que axuden a reforzar a visibilidade e destacar.
Onde?
👉🏻 Na vosa adega, nas localizacións que mellor transmitan a súa esencia.
Como?
👉🏻 Contactando comigo por WhatsApp.
👉🏻 Tamén por correo electrónico a info@jcasoreyfoto.com
👉🏻 A elección farase en base ao encaixe da adega co meu estilo fotográfico e coa idea do proxecto.
E se queremos máis fotos?
👉🏻 A colaboración inclúe unha selección de 10-15 imaxes profesionais. Se precisades ampliar a reportaxe nalgún momento, podemos concretar unha sesión completa cun orzamento adaptado.

Destilería Pepe Albela (Vedra)
A colaboración neste proxecto é totalmente puntual e exclusiva.
Para outras propostas ou necesidades podedes solicitar un orzamento personalizado sen compromiso.
Respondo nun prazo máximo de 24 h laborables
Todas as fotografías desta páxina son propiedade e autoría de © Juan Carlos Asorey.
Todos os dereitos reservados.