A pegada de Eisenman no corazón de Galicia
A Cidade da Cultura de Galicia é un complexo arquitectónico de vangarda situado en Santiago de Compostela, deseñado polo renombrado arquitecto Peter Eisenman. Este proxecto, asentado na cima do monte Gaiás, representa unha audaz fusión entre natureza e arquitectura.
Desde o punto de vista arquitectónico, a Cidade da Cultura destaca polo seu deseño deconstructivista, que rompe cos canons tradicionais e crea un espazo dinámico e cheo de contrastes. As formas xeométricas irregulares, os volumes fragmentados e os materiais utilizados xeran unha experiencia visual impactante. A obra de Eisenman caracterízase por unha complexa relación entre os espazos interiores e exteriores, creando unha atmosfera envolvente e chea de simbolismo.
Como fotógrafo, a Cidade da Cultura paréceme un espazo fascinante. A pesar da súa historia chea de controversia e das modificacións que se foron introducindo respecto ao proxecto orixinal de Eisenman, considero que é un lugar arquitectonicamente espectacular. A súa escala, os xogos de luz e sombra e a forza das súas formas convértena nun escenario privilexiado para quen, coma min, goza coa fotografía de arquitectura contemporánea.