formación en fotografía: mirada, espazo e territorio


Juan Carlos Asorey Fotografía - 3-ts20260115083938886756.jpg

A fotografía non é só unha cuestión técnica nin unha sucesión de imaxes esteticamente agradables. É unha ferramenta para comprender e interpretar o espazo, o territorio e a identidade dos lugares.

A formación que imparto nace desa idea e dunha práctica continuada en contornas reais: aldeas, barrios, espazos con valor paisaxístico, patrimonial ou etnográfico, espazos  en transformación, arquitectura que se habita no día a día. O obxectivo é axudar a desenvolver unha mirada consciente, rigorosa e con sentido, tanto para quen se achega á fotografía desde o interese persoal e cultural, como para quen precisa aplicala a proxectos profesionais concretos.

Roteiro fotográfico Barosa Líquida

.

Roteiro fotográfico Barosa Líquida

Os obradoiros de iniciación e roteiros fotográficos que propoño combinan práctica, reflexión e análise visual, adaptándose sempre ao contexto, ao público e aos obxectivos de cada actividade. Non son actividades “de catálogo”: cada proposta deseñase pensando no lugar e nas persoas que a van experimentar.

No caso dos obradoiros de fotografía de arquitectura e espazos, o enfoque é eminentemente práctico, combinando unha base teórica inicial, a toma de fotografías en contornas reais e un proceso completo de edición e exportación das imaxes, pensado para a súa aplicación profesional.


obradoiros de iniciación e roteiros fotográficos

(formación narrativa e conceptual)

Estes obradoiros e roteiros están pensados para quen quere aprender a mirar, comprender a fotografía como linguaxe e desenvolver criterio visual máis alá do uso da cámara. Traballamos co territorio e cos espazos cotiáns como materia prima, para que quen participa saia vendo a súa contorna doutro xeito.

Roteiro fotográfico Barosa Líquida

.

Roteiro fotográfico Barosa Líquida

.

Roteiro fotográfico Barosa Líquida

Traballamos aspectos como:

✔️ A observación e a lectura do espazo

✔️ A luz natural e a súa relación co territorio

✔️ A composición e a intención da imaxe

✔️ A fotografía como relato e experiencia

Trátase dunha formación práctica, pero cun enfoque reflexivo, orientada a persoas con interese cultural, afeccionadas á fotografía ou colectivos que buscan unha aproximación máis consciente e honesta á imaxe, lonxe da postal fácil.

Dirixido a:

✔️ Público xeral adulto

✔️ Colectivos culturais

✔️ Concellos e institucións

✔️ Asociacións e grupos interesados no territorio e na paisaxe

Resposta en 24-48 h.


Obradoiros de fotografía de arquitectura e espazos

(formación práctica con impacto profesional)

Se coordinas formación en escolas, facultades ou colexios profesionais, sabes que non abonda con “encher horas”: necesitas obradoiros que estean á altura do nivel do centro e do perfil do alumnado.

Esta liña formativa está orientada a quen precisa aplicar a fotografía a proxectos profesionais, especialmente no ámbito da arquitectura, do interiorismo e dos espazos construídos. O foco non está en trucos rápidos, senón en comprender como fotografar un espazo con intención, atendendo á súa función, á súa relación coa contorna e á mensaxe que debe transmitir.

Obradoiro fotografía de arquitectura CIFP Audiovisuais Vigo

.

Obradoiro fotografía de arquitectura CIFP Audiovisuais Vigo

.

Obradoiro fotografía de arquitectura CIFP Audiovisuais Vigo


Nos obradoiros trabállanse aspectos como:

✔️ Lectura e interpretación do proxecto arquitectónico

✔️ Uso da luz natural e artificial en interiores e exteriores

✔️ Composición aplicada á arquitectura

✔️ Fotografía pensada para portfolio, web e publicacións

En todos os casos seguimos unha estrutura sinxela e efectiva:

✔️ Parte teórica, para ordenar conceptos e referencias

✔️ Parte práctica, na que saímos fotografar e aplicar o aprendido

✔️ Parte de edición, onde revisamos as imaxes, comentamos decisións e pechamos o proceso

É unha formación práctica, rigorosa e orientada a resultados reais, sen artificios nin receitas universais, pensada para que poidas confiar no resultado cando poñas o teu nome ou o do teu centro detrás.

Dirixido a:

✔️ Fotógrafos en proceso de profesionalización

✔️ Arquitect@s e deseñador@s

✔️ Estudantes avanzad@s

✔️ Escolas de Artes e centros de formación

✔️ Colexios de arquitect@s e entidades profesionales

Resposta en 24-48 h.


Formación adaptada a cada contexto

Cada actividade formativa deseñase de xeito específico, tendo en conta:

✔️ O perfil do público

✔️ A duración e o formato

✔️ Os obxectivos da entidade ou do grupo

✔️ O contexto territorial ou arquitectónico no que se desenvolve

Os contidos poden adaptarse tanto a xornadas puntuais como a obradoiros máis extensos, roteiros ou accións formativas integradas en programacións culturais ou educativas. A idea é que o formato se adapte ao que precisas, sen perder fondo nin respecto polo lugar.

Museo do Mar de Vigo

Cada espazo, cada territorio e cada proxecto teñen algo que contar.
 

A fotografía pode ser a ferramenta para entendelo e comunicalo con rigor.

Se estás interesado/a en organizar un obradoiro, roteiro ou actividade formativa, infórmate sen compromiso para valorar unha proposta adaptada ás túas necesidades.