servizos de fotografía para...

Juan Carlos Asorey Fotografía - casa-do-cereiro8-ts20250911085757163822.jpg

interiores e turismo rural

Reportaxes que mostran a atmosfera real da casa: zonas comúns, habitacións, detalles con historia e a contorna que lle dá sentido ao lugar.

Para quen: propietarios de casas rurais e pequenos hoteis que coidan o detalle, valoran o rural e queren que iso se vexa nas fotos.

Que obtés: 

✔️ Imaxes que transmiten a experiencia real do teu hóspede (non un decorado falso).

✔️ Fotografía pensada para web, plataformas de reserva e redes, que che axuda a destacar fronte a outras casas da zona.

✔️ Un proceso de traballo sinxelo: ti preparas a casa, eu encárgome de que a luz, os espazos e a contorna conten a mellor versión da túa historia.

Máis info interioristas...   Máis info aloxamentos...

Juan Carlos Asorey Fotografía - edificios_-santa_marta_36-ts20250911085650467428.jpg

arquitectura

Reportaxes que explican o edificio a través da luz, os espazos e a súa relación coa contorna. Fotografía pensada para que o proxecto se entenda, non só para que quede “bonito”. 

Para quen: arquitectos, promotores, construtoras e oficinas técnicas que necesitan mostrar o seu traballo con claridade e coidado polo detalle.

Que obtés: 

✔️ Imaxes que respectan o teu deseño, a materialidade e o uso real do espazo.

✔️ Fotografía lista para concursos, publicacións, memoria técnica e portfolio profesional.

✔️ Unha reportaxe planificada: estudo o edificio, a luz e o entorno para que cada sesión renda ao máximo, sen facerche perder o tempo.

Máis info...

Juan Carlos Asorey Fotografía - destilerias-pepe-albela-vedra-23-ts20250911104509857345.jpg

industrias e espazos produtivos

Reportaxes que mostran onde e como se fai o produto: instalacións, proceso, equipo humano e contorna. Fotografía pensada para transmitir confianza e coidado polo oficio.

Para quen: adegas, destilerías, fábricas e proxectos enoturísticos que queren ensinar algo máis que unha etiqueta: o lugar, a maneira de traballar e a historia que hai detrás.

Que obtés: 

✔️ Imaxes do proceso, das instalacións e do equipo que reforzan a túa marca e o valor percibido do teu produto.

✔️ Fotografía útil para web, redes sociais, catálogos, visitas guiadas e comunicación con distribuidores ou prensa.

✔️ Unha mirada respectuosa co teu oficio: eu adáptome aos vosos ritmos de traballo e á realidade da produción, sen interromper nin montar un “teatro” artificial.

Máis info...


Todos os meus servizos teñen algo en común: fotografar espazos e proxectos ligados ao territorio.
Xa sexa arquitectura, aloxamentos turísticos ou adegas e pequenos produtores, o meu foco está en mostrar como se vive, se habita e se experimenta cada lugar para que o teu cliente entenda o valor real do que fas


Juan Carlos Asorey Fotografía - festival_internacional_xardi-ns_allariz_2025_48-ts20250911104017138538.jpg

paisaxismo

Reportaxes de exteriores: proxectos de paisaxismo, xardíns efémeros, parques e rutas.

Para quen: paisaxistas, concellos, promotores de xardíns e iniciativas culturais.

Que obtés: imaxes que documentan o proxecto e serven para promoción, memoria técnica e difusión.

Juan Carlos Asorey Fotografía - dsc_0514-ts20250911103904780734.jpg

documentación patrimonial e cultural

Reportaxe e arquivo para protección, divulgación e campañas de valorización patrimonial e cultural.

Para quen: asociacións de patrimonio, museos, concellos, axencias culturais e turísticas.

Que obtés: material de alta calidade para publicacións, exposicións e deseño de contidos educativos.

Juan Carlos Asorey Fotografía - dsc_0436-ts20250911090610291096.jpg

hostalaría

Imaxes orientadas a espazos de hostalaría: desde instalacións ata experiencias e contorna.

Para quen: bares, restaurantes, hoteis e negocios turísticos.

Que obtés: contido que potencia a marca, atrae clientes e comunica autenticidade.


Imaxes que mostran a personalidade dos teus proxectos e a súa relación coa contorna


formatos e entrega

Ficheiros TIFF/JPG (optimizados para impresión, web ou redes sociais).

Galería privada online para revisión e descarga, con posibilidade de entrega en formato físico.

Dereitos de uso: 

licenzas claras, detalladas no orzamento e no contrato.


Juan Carlos Asorey Fotografía - pano-cdc-ts20250911101348843493.jpg

o investimento

Os proxectos de fotografía de arquitectura, interiorismo e paisaxismo abórdanse sempre de forma personalizada, en función das características de cada espazo, do desprazamento e das necesidades concretas de cada cliente.

De xeito orientativo:

desde 300 €

Por proxectos de menor escala

desde 600 €

Por proxectos de maior complexidade

* En proxectos recorrentes ou colaboracións continuadas, establécense condicións especiais adaptadas a cada caso.

** Tarifas actualizadas 2026 · IVE non incluído


Juan Carlos Asorey Fotografía - fotografi-a_inmobiliaria_galicia-ts20260410153322437810.jpg

e como facemos?

1

Contacta comigo por correo electrónico, WhatsApp ou chamada.

2

Falamos, avalío as túas necesidades e envíoche unha proposta clara e personalizada.

3

Sesión planificada e eficiente.

4

Entrega coidada das imaxes por descarga directa ou en soporte físico.


Se tes un proxecto entre mans e queres valorar unha colaboración, estarei encantado de escoitarte.