fotografía especializada para proxectos de interiorismo e decoración

Juan Carlos Asorey Fotografía - dsc_0128-1-ts20251212151950361623.jpg

fai que os teus proxectos falen por si mesmos

Coidas cada detalle: a elección das pezas, a harmonía das cores, a textura dos materiais, a luz que envolve cada espazo...

Se despois todo iso se documenta con fotos rápidas de móbil ou sen coidar a luz, o teu traballo non se percibe como merece.

As imaxes que compartes son a túa carta de presentación: para clientes que aínda non te coñecen, para redes e para posibles publicacións.
Reflicten o teu estilo, transmiten a túa personalidade e axudan a xerar confianza.
Por iso necesitas fotos que estean ao nivel do teu deseño.


por que contar cun fotógrafo especializado?

1. Atrae clientes que valoran o detalle

Mostras o verdadeiro nivel dos teus proxectos e afastas a quen só busca “algo rápido e barato”.

2. Crea unha imaxe de marca coherente

Unha linguaxe visual consistente en web, redes, dossier e presentacións profesionais.

3. Gaña visibilidade en redes e medios

Imaxes pensadas para funcionar en Instagram, webs e publicacións especializadas, sen ter que improvisar.


que che ofrezo

✔︎ Fotografía de interiores coidada, pensada para realzar o teu deseño

✔︎ Entrega en baixa resolución para web e redes sociais 

✔︎ Entrega en alta resolución para dossier profesional e impresión

✔︎ Trato directo e implicación persoal en cada proxecto

"Traballo mellor con profesionais que valoran a planificación e o detalle tamén na fase de fotografía."


un proceso sinxelo e personalizado

Falamos do teu proxecto, do tipo de cliente que queres atraer e do uso que lle darás ás imaxes.

Acordamos data, espazos a fotografar e prazos de entrega.

Ti preocúpaste polo deseño, eu encárgome de que as fotos transmitan todo o seu valor visual.


exemplos de proxectos realizados

Aquí podes ver dous exemplos reais do tipo de proxectos que podo fotografar:

queres realzar os teus espazos con imaxes profesionais?

Se queres potenciar a imaxe do teu traballo como decorador/a ou interiorista e valoras unha reportaxe coidada, podemos falar.