axudo a que os teus espazos transmitan todo o seu potencial
fotografía de arquitectura, turismo e territorio con sentido práctico
Son Juan Carlos Asorey, fotógrafo especializado en proxectos onde o espazo, a arquitectura e o territorio son protagonistas.
O meu obxectivo é claro: crear imaxes que che axuden a poñer en valor o teu espazo ou actividade, atraer mellores clientes e comunicar o que fai único o teu proxecto.
Que che ofrezo
Imaxes claras e coidadas que mostran a solución do proxecto, a súa atmosfera e personalidade.
Material útil para web, redes, plataformas (Booking, Airbnb, etc.) e comunicación profesional: pensado desde o primeiro momento para o uso real que lle vas dar.
Unha mirada que respecta o espazo e valora o seu vínculo co territorio: non só fotografío un interior ou unha fachada, senón a relación co lugar, a paisaxe, a historia e os materiais.

.

.

con quen traballo
Arquitectos/as
Interioristas
Paisaxistas
Constructoras
Casas de turismo rural
Hoteis e restaurantes
Adegas e outros espazos produtivos
Concellos e axencias turísticas
Asociacións patrimoniais e culturais.
En xeral, con entidades, empresas e profesionais que queren que a súa imaxe transmita o mesmo nivel de calidade que hai detrás do seu proxecto.

.

.

Por que funciona o meu enfoque
Planificación práctica:
Cóntasme para que necesitas as fotos: web, redes, plataformas de reserva, dossier profesional, concursos, etc. A sesión deseñámola en función diso.
Fotos con intención:
Non busco imaxes “bonitas por bonitas”. Busco fotografías que expliquen ben o proxecto, que che axuden a diferenciarte da competencia e a atraer o tipo de cliente ou visitante que queres.
Sensibilidade territorial:
Coñezo e valoro o rural, a paisaxe e a arquitectura tradicional. Entendo como o lugar (materiais, contorna, memoria) inflúe na comunicación visual e intégroo nas imaxes sempre que teña sentido.

.

.

Quero facilitarche as cousas
Contacto e planificación
Cóntasme o teu proxecto e as túas necesidades. Elaboro un orzamento claro e, unha vez aceptado, asinamos un contrato de servizos que dá transparencia e tranquilidade para ambas partes.
Sesión fotográfica
Realizo as fotos segundo o plan acordado, buscando sempre transmitir a esencia do espazo e respectando os tempos e o funcionamento do lugar (aloxamentos, negocios en activo, etc.).
Selección, edición e entrega
Fago unha selección coidadosa, edito as imaxes e entrégochas listas para usar, en alta e baixa resolución, para que poidas incorporalas de inmediato á túa comunicación.