Fotografía de arquitectura para estudos e profesionais
Reportaxes fotográficas de arquitectura para documentar obra pública, vivenda unifamiliar, reformas e rehabilitacións. Imaxes coidadas para presentar os proxectos en memorias técnicas, concursos, licitacións, publicacións, páxinas web e redes sociais.

Fotografía para estudos de arquitectura que:
- Traballan en obra pública (equipamentos, espazo público, dotacionais…) e presentan a concursos e licitacións.
- Desenvolven vivendas unifamiliares, reformas ou rehabilitacións e queren mostrar o seu traballo con imaxes profesionais.
- Necesitan unha memoria visual dos proxectos realizados.
- Queren que a súa web, os seus dossieres e as súas redes sociais reflictan a calidade do traballo do estudo.
Se tes proxectos dos que estás orgulloso, sexa un centro social, unha praza ou unha vivenda unifamiliar, unha boa reportaxe fotográfica axuda a presentalos e a comunicar mellor o traballo realizado.
Que achega unha boa reportaxe de arquitectura
- Imaxes coidadas, con criterio arquitectónico, listas para memorias técnicas, concursos, licitacións e publicacións.
- Un arquivo visual sólido do estudo (obra pública e privada), reutilizable durante anos en dossieres, web e redes.
- Unha presentación máis coidada do traballo ante clientes, administracións e outros profesionais.
- Coherencia entre a calidade dos proxectos e a maneira de mostralos.

Un proceso sinxelo, pensado para adaptarse ao teu traballo
- Falamos do proxecto. Vemos que tipo de obra é e para que necesitas as fotografías: concursos, licitacións, publicacións, web ou outros usos.
- Planificamos a sesión. Unha vez aceptado o orzamento e asinado o contrato de servizos, organizo a reportaxe tendo en conta a luz, as características do espazo, os seus usos e os prazos do proxecto.
- Realizo a reportaxe. Fotografo o edificio ou espazo prestando atención aos encadres, á luz, aos materiais, aos detalles construtivos e á relación coa contorna.
- Edición e entrega. Recibes unha selección de fotografías editadas en alta resolución e versión optimizada para web, listas para os usos acordados.
Por que traballar comigo
- Traballo especializado en arquitectura, espazos e territorio, tanto en proxectos públicos como privados.
- Atención á composición, á luz, aos materiais e á relación entre os edificios e a súa contorna.
- Experiencia fotografando edificios culturais, equipamentos públicos, vivendas e espazos produtivos.

.

Preguntas frecuentes
Podo usar as fotos para concursos, licitacións, revistas, web e redes?
Si, inclúo licenza de uso profesional para o estudo, mantendo a autoría das imaxes.Traballas só en Galicia ou tamén te desprazas?
O meu ámbito de traballo principal é Galicia, aínda que tamén realizo desprazamentos a outros lugares segundo as características do proxecto.
Canto custa unha reportaxe de arquitectura?
O prezo depende da escala e da complexidade do proxecto, do tempo necesario e dos usos previstos para as fotografías. Cada encargo valórase de maneira individual.

.

Documentamos o teu próximo proxecto?
Se tes unha obra pública, unha vivenda unifamiliar ou unha reforma rematada (ou a piques de rematar) e queres fotos á altura para memorias, concursos, licitacións, publicacións, web e redes, falemos.