servizos de fotografía para...

arquitectura
Reportaxe profesional do edificio (exteriores e interiores) pensada para explicar a súa solución formal e funcional.
Para quen: arquitectos, promotores, construtoras, oficinas técnicas.
Que obtés: imaxes que clarifican o proxecto, serven para concursos, porfolios e comunicación profesional.

interiores e turismo rural
Reportaxe que mostra a atmosfera real do espazo: zonas comúns, habitacións, detalles e exteriores relevantes.
Para quen: propietarios de casas rurais, interioristas e xestores turísticos.
Que obtés: material que impulsa reservas, comunica a experiencia do cliente (web, plataformas e redes) e visibilízate fronte á competencia.
Fotografía que pon en valor o teu espazo e a súa conexión co territorio.

industrias e espazos produtivos
Reportaxe técnica e estética de instalacións produtivas.
Para quen: adegas, rutas enoturísticas, destilerías, industrias locais, centros de produción.
Que obtés: imaxes que achegan profesionalidade á comunicación corporativa e comercial.

paisaxismo
Reportaxes de exteriores: proxectos de paisaxismo, xardíns efémeros, parques e rutas.
Para quen: paisaxistas, concellos, promotores de xardíns e iniciativas culturais.
Que obtés: imaxes que documentan o proxecto e serven para promoción, memoria técnica e difusión.

documentación patrimonial e cultural
Reportaxe e arquivo para protección, divulgación e campañas de valorización patrimonial e cultural.
Para quen: asociacións de patrimonio, museos, concellos, axencias culturais e turísticas.
Que obtés: material de alta calidade para publicacións, exposicións e deseño de contidos educativos.
Imaxes que mostran a personalidade dos teus proxectos e a súa relación coa contorna.
formatos e entrega
Ficheiros JPG en alta e baixa resolución (optimizados para impresión e web/redes sociais).
Galería privada online para revisión e descarga, con posibilidade de entrega en formato físico.
Dereitos de uso:
licenzas claras, detalladas no orzamento e no contrato.
e como facemos?
Contacta comigo por correo electrónico, WhatsApp ou chamada.
Falamos, avalío as túas necesidades e envíoche unha proposta clara e personalizada.
Sesión planificada e eficiente.
Entrega coidada das imaxes por descarga directa ou en soporte físico.