fotografía profesional para aloxamentos turísticos en Galicia

para que o teu aloxamento se vexa nas fotos ao nivel real que ten

Xardín exterior dunha casa rural en Galicia que reflicte coidado e estilo

a decisión de reservar empeza nas fotos

No turismo, moitas decisións tómanse en poucos segundos mirando fotos no móbil.

Se as imaxes non transmiten coidado, luz e confort, o teu aloxamento pasa desapercibido entre moitas opcións, por moi especial que sexa.

E en moitos casos, o problema non é o aloxamento… senón como se percibe online.


como podo axudar ao teu aloxamento

Son fotógrafo especializado en arquitectura, interiores e aloxamentos turísticos en Galicia.

Moitos aloxamentos están a un nivel… pero nas fotos non o parecen.

Axudo a que o teu aloxamento se vexa online ao nivel real que ten, con imaxes pensadas para web, plataformas como Booking ou Airbnb e redes sociais.

Que fago en aloxamentos como o teu:

Realizo reportaxes fotográficas completas (interior e exterior), nas que se inclúen habitacións, salóns, cociña, baños, zonas comúns, exteriores e detalles. Entrego un conxunto de imaxes seleccionadas e editadas en alta e baixa resolución, listas para usar en todos os teus canais.

Con que obxectivo:
  • ✔️ Mostrar o aloxamento de forma fiel e coidada, sen artificios nin filtros irreais
  • ✔️ Mellorar a súa presenza online e destacar entre outras opcións
  • ✔️ Contar cun banco de imaxes útil para promoción e comunicación
Planifico cada reportaxe para aproveitar a mellor luz, coidar os encadres e transmitir a sensación real do espazo, entregando imaxes listas para usar en todos os teus canais.


que poden facer unhas boas fotos polo teu aloxamento

✔️ captar a atención entre moitas opcións similares

✔️ transmitir confianza antes da reserva 

✔️ reflectir o valor real do espazo

✔️ atraer un cliente que valora máis a experiencia

✔️ diferenciarte doutros aloxamentos turísticos


Salón acolledor nun aloxamento turístico en Galicia con luz natural e ambiente cálido

.

Habitación dun aloxamento turístico en Galicia que reflicte coidado e estilo

non se trata de aparentar máis

Non se trata de facer que o teu aloxamento pareza algo que non é.

Senón de amosalo no seu mellor momento, de forma fiel e coidada, para que a percepción online estea á altura da realidade.


que cambia cando as fotos acompañan ao nivel do teu aloxamento

✔️ máis solicitudes directas pola túa web

✔️ máis facilidade para xustificar prezos máis altos 

✔️ maior estabilidade nas reservas ao longo do ano

✔️ orgullo ao ensinar o teu aloxamento online

Se xa tes reservas dabondo:

✔️ atraer un cliente máis coidadoso

✔️ diferenciarte doutras opcións da túa zona

✔️ deixar de competir só por prezo


Xardín e piscina exterior dunha casa rural en Galicia

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - cocina-aloxamento-turistico-galicia-ts20260421081129146172.jpg

como traballo

1. Contacto inicial
Falamos brevemente para coñecer o aloxamento e o que necesitas.

2. Proposta clara
Recibes un orzamento pechado co que imos fotografar.

3. Reportaxe e entrega
Realizo a sesión e entrego as imaxes en poucos días, listas para o seu uso.


Salón acolledor nunha casa rural en Galicia con luz natural e ambiente cálido

.

Habitación dun aloxamento turístico en Galicia que reflicte coidado e estilo

se cres que o teu aloxamento podería transmitir máis do que mostra agora

Podo axudarche a mellorar esa percepción con fotografías coidadas e pensadas para o uso real.

Escríbeme sen compromiso contándome:

  • ✔️ Onde está a túa casa.
  • ✔️ Cantos cuartos ten.
  • ✔️ Se tes exteriores, xardín, horta, piscina ou unha contorna especialmente interesante.
Respondereiche cunha proposta adaptada ao teu caso.