Fotografía de interiorismo e arquitectura nun proxecto con alma rural


A Casa de Abaixo é un fermoso exemplo de recuperación arquitectónica no rural galego, onde tradición e comodidade camiñan da man. Unha vivenda de turismo que respecta a esencia das antigas casas de aldea, pero adaptada cunha mirada contemporánea e cálida. Pedra, madeira e elementos de deseño actual conviven aquí con naturalidade.

O percorrido pola vivenda lévanos por estancias amplas e modernas, con pezas recuperadas e decoración coidada que dialogan coa natureza exterior.

Fotografar A Casa de Abaixo foi unha experiencia moi especial. A luz, os materiais e a harmonía do espazo ofrecéronme múltiples posibilidades para retratar a súa esencia.


 
TITULO
DESCRIPCION