Casas con alma no corazón de Galicia
A asociación de turismo rural Mar de Compostela reúne unha selección de casas de turismo rural situadas, maioritariamente, no concello da Estrada e tamén en Forcarei, no interior da provincia de Pontevedra.
Este conxunto, actualmente formado por 14 aloxamentos, ofrece unha ampla variedade de estilos arquitectónicos e ambientes, desde casas tradicionais en pedra ata espazos máis actuais e reformados con criterios contemporáneos.
A través desta galería presento unha selección de fotografías que realicei en diferentes sesións para a asociación, poñendo en valor a diversidade e o coidado co que cada unha destas casas foi pensada, decorada e integrada no seu entorno.
TITULO
DESCRIPCION