Parque de Vista Alegre e Auditorio de Galicia

 

O Parque de Vista Alegre é un dos espazos máis singulares de Santiago de Compostela, onde natureza e arquitectura contemporánea conviven en harmonía. Entre os edificios máis destacados atópanse a Escola de Altos Estudos Musicais, o Museo de Historia Natural Luis Iglesias, a sede da SGAE Galicia (Sociedade Xeral de Autores e Editores) e a Casa Europa (rehabilitada por Manolo Gallego en 1993). Cada un destes espazos contribúe a definir a identidade deste lugar, combinando funcionalidade, sobriedade e respecto polo contorno natural.

Moi próximo ao recinto, e incluído tamén nesta galería, sitúase o Auditorio de Galicia (Julio Cano Lasso, 1988), un edificio emblemático e polivalente que, dende 1996, é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.


 
TITULO
DESCRIPCION