XVI Festival Internacional Xardíns de Allariz

 

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz celebra en 2026 a súa décimo sexta edición baixo o lema «Xardíns da liberdade», con dez novos xardíns efémeros creados por equipos procedentes de diferentes países e comunidades autónomas, aos que se suman os dous proxectos gañadores da edición anterior.

Cada edición transforma este espazo situado á beira do río Arnoia nun percorrido onde o paisaxismo serve para expresar ideas, emocións e distintas maneiras de entender a relación entre as persoas e a natureza. Nesta ocasión, a liberdade convértese no fío condutor dunha mostra que reúne propostas moi diversas tanto na súa concepción como na elección dos materiais, das especies vexetais e das solucións formais.

A través desta serie fotográfica propoño un paseo por esta edición do festival, deténdome nos detalles, nas composicións e na maneira en que cada xardín dialoga coa luz, coa vexetación e co propio espazo expositivo. 


 
TITULO
DESCRIPCION