A esencia das adegas da Ribeira Sacra en imaxes
Unha colaboración fotográfica exclusiva para adegas seleccionadas

Viñedos na Ribeira do Ulla
Estou a desenvolver un proxecto persoal sobre turismo rural e enoturismo en Galicia. O meu obxectivo é capturar, a través da fotografía, a identidade das adegas e o territorio que as rodea.
É unha colaboración libre e puntual, sen custo, na que vós obteríades imaxes de alta calidade para a vosa promoción (web, redes, material impreso…).
Para iso, seleccionarei 1 ou 2 adegas coas que colaborar nas próximas semanas entre todas as interesadas.

.

O que ofrezo:
👉🏻 Reportaxe fotográfica profesional das instalacións, viñedos e detalles singulares.
👉🏻 Selección de 10-15 fotografías entregadas en alta calidade, listas para o uso na web, redes sociais ou material promocional.
👉🏻 Dirección artística para destacar o mellor do espazo e do produto.
👉🏻 Oportunidade única, pensada para reforzar a visibilidade e diferenciarse da competencia.

Vendima en A Casa de Abaixo (Vedra)
Respostas rápidas:
Cando?
👉🏻 A sesión realizaríase nas vindeiras semanas, en datas a concretar por ambas partes.
Para quen?
👉🏻 Só para 1 ou 2 adegas seleccionadas que queiran sumarse a esta iniciativa.
Por que?
👉🏻 Porque as adegas da Ribeira Sacra merecen unha imaxe á súa altura, e este proxecto quere contribuír a mostrala ao mundo.
Onde?
👉🏻 Na vosa adega, nas localizacións que mellor transmitan a súa esencia.
Como?
👉🏻 Contactando comigo por WhatsApp.
👉🏻 Tamén por correo electrónico a info@jcasoreyfoto.com
👉🏻 A elección farase en base ao encaixe da adega co meu estilo fotográfico e coa idea do proxecto.
E se queremos máis fotos?
👉🏻 A colaboración inclúe unha selección de 10-15 imaxes profesionais. Se precisades ampliar a reportaxe nalgún momento, podemos concretar unha sesión completa cun orzamento adaptado.

Destilería Pepe Albela (Vedra)
A colaboración neste proxecto é totalmente puntual e exclusiva.
Para outras propostas ou necesidades podedes solicitar un orzamento personalizado sen compromiso.
Respondo nun prazo máximo de 24 h laborables
Todas as fotografías desta páxina son propiedade e autoría de © Juan Carlos Asorey.
Todos os dereitos reservados.