Fotografía especializada para proxectos de interiorismo e decoración

Fai que os teus proxectos falen por si mesmos.

Dormitorio cunha cama de roupa de liño, cabeceira con luz indirecta, mesiñas de madeira e lámpadas douradas

Coidas cada detalle: a elección das pezas, a harmonía das cores, a textura dos materiais, a luz que envolve cada espazo...

Todo ese traballo merece ser documentado con fotografías que lle fagan xustiza. Unhas imaxes nas que se aprecien as decisións de deseño, os materiais, a composición e a atmosfera de cada espazo.

As fotografías son unha parte importante da presentación do teu traballo: para clientes que aínda non te coñecen, para as redes sociais, a túa web ou posibles publicacións. Axudan a mostrar o teu estilo e a transmitir a personalidade dos teus proxectos.


Por que contar cun fotógrafo especializado?

1. Mostra o valor dos teus proxectos

Unha reportaxe coidada permite apreciar os detalles, os materiais e as solucións de deseño que definen cada espazo.

2. Crea unha imaxe de marca coherente

Unha linguaxe visual consistente en web, redes, dossier e presentacións profesionais.

3. Comunica o teu traballo en diferentes medios

Unha linguaxe visual consistente para a túa web, redes sociais, dossier e presentacións profesionais.

Detalle dun vaso de cerámica esmaltada ocre cunha ramiña verde sobre unha mesa branca, con butaca de pata de galo ao fondo

Que che ofrezo

✔︎ Fotografía de interiores coidada, pensada para mostrar o teu deseño e os detalles de cada espazo.

✔︎ Entrega en baixa resolución optimizada para web e redes sociais 

✔︎ Entrega en alta resolución para dossier profesional e impresión

✔︎ Trato directo e implicación persoal en cada proxecto


Un proceso sinxelo e personalizado

1. Primeiro contacto

Falamos do proxecto, das necesidades e dos usos previstos para as fotografías.

2. Proposta e contratación

Preparo un orzamento adaptado ao encargo. Unha vez aceptado, formalizamos o contrato e acordamos as condicións do traballo.

3. Planificación e reportaxe fotográfica

Organizamos a sesión tendo en conta as características dos espazos e os tempos necesarios. A continuación, realizo o traballo acordado, prestando atención á composición, á luz, aos materiais e aos detalles do deseño.

4. Edición e entrega

Selecciono e proceso as imaxes e entrégoas a través dunha galería privada en liña ou dunha ligazón de descarga directa.

Tres vistas dun apartamento: escaleira con paredes de lamas de madeira, salón luminoso con sofá claro e despacho con escritorio

Queres mostrar os teus espazos con fotografías profesionais?

Se queres coidar a presentación do teu traballo como interiorista ou profesional da decoración e valoras unha reportaxe fotográfica feita con atención aos detalles, podemos falar.