Fotografía de arquitectura para estudos que queren gañar visibilidade e mellores proxectos
Reportaxes profesionais de obra pública, vivenda unifamiliar e reformas para estudos que necesitan documentar o seu traballo con imaxes listas para memorias técnicas, licitacións, publicacións, web e redes.

Para estudos de arquitectura que:
- ✔️ Traballan en obra pública (equipamentos, espazo público, dotacionais…) e presentan a concursos e licitacións.
- ✔️ Fan vivenda unifamiliar, reformas ou rehabilitación e queren diferenciarse da competencia local.
- ✔️ Queren ter unha memoria visual seria dos proxectos rematados.
- ✔️ Queren que a súa web, dossieres e redes reflictan o nivel real do estudo cando un cliente ou administración os busca.
Se tes proxectos dos que estás orgulloso —sexa un centro social, unha praza ou unha vivenda unifamiliar— pero non tes fotos á altura, estás a perder oportunidades de prestixio, de novos encargos e de mellores licitacións.
Que che aporta unha boa reportaxe de arquitectura
- ✔️ Imaxes coidadas, con criterio arquitectónico, listas para memorias técnicas, concursos, licitacións e publicacións.
- ✔️ Un arquivo visual sólido do estudo (obra pública e privada), reutilizable durante anos en dossieres, web e redes.
- ✔️ Mellor percepción do teu traballo cando un técnico, un xurado ou un cliente privado revisa o teu portfolio.
- ✔️ Coherencia visual entre o que defendes en planos e memoria, e o que se ve nas fotografías.
Non son só fotos bonitas: é patrimonio visual e ferramenta comercial do teu estudo.

Un proceso sinxelo, pensado para non facerche perder tempo
- ✔️ Falamos do proxecto (obra pública, vivenda ou reforma) e de para que necesitas as fotos: concurso, licitación, publicación, web, etc.
- ✔️ Planificamos a sesión segundo a luz, o uso real do espazo e os prazos que manexas.
- ✔️ Fotografío o proxecto coidando encadres, luz, relación co entorno, uso cidadán/usuario e detalles construtivos.
- ✔️ Entrego unha selección editada en alta resolución e versión web , lista para memorias, licitacións, publicacións, web e redes.
Por que traballar comigo
- ✔️ Especializado en espazo, arquitectura e territorio (obra pública, aloxamentos e vivenda).
- ✔️ Ollo arquitectónico: busco que se entenda como se vive e se habita o espazo , non só a foto bonita.
- ✔️ Experiencia en proxectos ligados ao territorio e ao espazo público : arquitectura, aloxamentos e adegas/produtores, con atención á relación co contexto.

.

Preguntas rápidas
Si, inclúo licenza profesional para o estudo, mantendo a autoría das imaxes.
principalmente en Galicia, con posibilidade de desprazamento a outros lugares segundo o proxecto.
depende da escala e complexidade do proxecto.


Documentamos o teu próximo proxecto?
Se tes unha obra pública, unha vivenda unifamiliar ou unha reforma rematada (ou a piques de rematar) e queres fotos á altura para memorias, concursos, licitacións, publicacións, web e redes, falemos.