Fotografía profesional para adegas outros e espazos produtivos
Mostra o valor real do que produces.

Na túa adega ou obradoiro coidas o produto: materia prima, proceso, tempo e o control de calidade.
Pero moitas veces, cara ao exterior, todo iso queda reducido a unhas poucas fotografías improvisadas para a web ou as redes sociais.
Unha boa reportaxe fotográfica permite mostrar o espazo, o proceso e as persoas que hai detrás de cada proxecto, con imaxes que reflictan o coidado e a dedicación que poñedes no voso traballo.
Para quen é este servizo
- Adegas con marca e proxecto definido que queren actualizar ou mellorar a súa imaxe visual.
- Adegas con enoturismo ou plans de enoturismo que necesitan fotos atractivas do espazo, das visitas e das experiencias que ofrecen.
- Pequenos produtores gourmet (viño, cervexa, destilados, queixo, conservas, produtos de territorio…) que necesitan unha boa reportaxe para presentar mellor o seu traballo.
Tanto se precisas unha reportaxe puntual para renovar as imaxes como se buscas un colaborador para diferentes campañas ao longo do ano, podemos adaptar o traballo ás necesidades do teu proxecto.
Cando a imaxe non está á altura do proxecto
Pode que teñas un bo produto e un proxecto coidado, pero que as fotografías que utilizas na web e nas redes non transmitan todo o que hai detrás.
Quizais necesites mostrar mellor o proceso de elaboración, dar a coñecer as persoas que traballan nel ou contar con imaxes máis completas para presentar a túa marca a distribuidores, clientes ou visitantes.
Unha reportaxe pensada para o teu proxecto pode axudarche a comunicar mellor quen es e como traballas.
Por que contar cun fotógrafo especializado?
● Mostrar algo máis que o produto
Non é o mesmo ensinar só unha botella ou un produto que mostrar tamén a historia, o lugar e as persoas que hai detrás.
● Coidar a imaxe da túa marca
Fotografías coherentes e ben traballadas para utilizar en presentacións, catálogos, notas de prensa, campañas ou redes sociais.
● Dar a coñecer os espazos e as experiencias
Se tes unha adega ou un obradoiro aberto a visitas, as fotografías permiten mostrar os espazos e as actividades que ofreces.
● Documentar o proceso de produción
A reportaxe pode incluír tamén momentos do proceso: vendima, elaboración, embotellado, produción artesá, catas ou pequenos eventos propios.
● Transmitir o valor do que fas
Mostrar con atención os materiais, os procesos, os espazos e os detalles axuda a que quen ve as fotografías entenda mellor o coidado e a dedicación que hai detrás de cada produto.

.

Que che ofrezo
Reportaxes fotográficas de:
- Espazos: adega, viñedo, obradoiro, sala de catas, tenda, contorna paisaxística.
- Proceso: vendima, elaboración, embotellado, afinado e produción artesá.
- Produto: botellas, etiquetas, packs e detalles de produto gourmet.
- Persoas: equipo, familia, visitas, catas, pequenos eventos e experiencias de enoturismo.
Imaxes adaptadas aos diferentes usos
Entrega de fotografías en formatos e resolucións adecuados para:
- Web e tenda online.
- Redes sociais.
- Dossiers comerciais, catálogos e notas de prensa.
- Cartelería e impresión.
Traballos puntuais ou colaboracións recorrentes
- Reportaxes puntuais: unha sesión para renovar ou ampliar as imaxes do teu proxecto.
- Colaboracións recorrentes: varias sesións ao longo do ano para documentar vendimas, novas colleitas, eventos ou campañas específicas.
O traballo parte sempre dun trato directo e dunha planificación conxunta para aproveitar ao máximo cada sesión.

Como traballo
1. Primeiro contacto
Falamos do teu proxecto, do que fas, do que queres transmitir e dos usos que lle vas dar ás fotografías.
2. Proposta e contratación
Preparo un orzamento adaptado ao encargo. Unha vez aceptado, formalizamos o contrato e acordamos as condicións do traballo.
3. Planificación e reportaxe fotográfica
Organizamos a sesión tendo en conta os espazos, os horarios e os momentos clave do proceso, como a vendima, a produción, as visitas ou as catas. Realizo o traballo con discreción, respectando o ritmo da actividade e prestando atención á luz, á composición e aos detalles.
4. Edición e entrega
Selecciono e proceso as imaxes e entrégochas a través dunha galería privada en liña ou dunha ligazón de descarga directa, listas para os diferentes usos acordados.
Por que traballo con adegas e pequenos produtores
Gústame traballar con proxectos ligados ao territorio, ao rural e ao produto auténtico.
Adegas con enoturismo, pequenos produtores gourmet, espazos con historia ou arquitectura moderna con personalidade. Proxectos diferentes, pero nos que hai unha maneira de facer as cousas e unha dedicación que paga a pena mostrar.
Queres potenciar a imaxe da túa adega ou espazo produtivo?
Se cres que as túas fotos actuais non fan xustiza ao que fas, e queres unha reportaxe que conte de verdade quen sodes e como traballades, falemos.

