fotografía profesional para aloxamentos turísticos en Galicia
para que o teu aloxamento se vexa nas fotos ao nivel real que ten

a decisión de reservar empeza nas fotos
No turismo, moitas decisións tómanse en poucos segundos mirando fotos no móbil.
Se as imaxes non transmiten coidado, luz e confort, o teu aloxamento pasa desapercibido entre moitas opcións, por moi especial que sexa.
E en moitos casos, o problema non é o aloxamento… senón como se percibe online.
como podo axudar ao teu aloxamento
Son fotógrafo especializado en arquitectura, interiores e aloxamentos turísticos en Galicia.
Moitos aloxamentos están a un nivel… pero nas fotos non o parecen.
Axudo a que o teu aloxamento se vexa online ao nivel real que ten, con imaxes pensadas para web, plataformas como Booking ou Airbnb e redes sociais.
Que fago en aloxamentos como o teu:
Realizo reportaxes fotográficas completas (interior e exterior), nas que se inclúen habitacións, salóns, cociña, baños, zonas comúns, exteriores e detalles. Entrego un conxunto de imaxes seleccionadas e editadas en alta e baixa resolución, listas para usar en todos os teus canais.
- ✔️ Mostrar o aloxamento de forma fiel e coidada, sen artificios nin filtros irreais
- ✔️ Mellorar a súa presenza online e destacar entre outras opcións
- ✔️ Contar cun banco de imaxes útil para promoción e comunicación
que poden facer unhas boas fotos polo teu aloxamento
✔️ captar a atención entre moitas opcións similares
✔️ transmitir confianza antes da reserva
✔️ reflectir o valor real do espazo
✔️ atraer un cliente que valora máis a experiencia
✔️ diferenciarte doutros aloxamentos turísticos

.

non se trata de aparentar máis
Non se trata de facer que o teu aloxamento pareza algo que non é.
Senón de amosalo no seu mellor momento, de forma fiel e coidada, para que a percepción online estea á altura da realidade.
que cambia cando as fotos acompañan ao nivel do teu aloxamento
✔️ máis solicitudes directas pola túa web
✔️ máis facilidade para xustificar prezos máis altos
✔️ maior estabilidade nas reservas ao longo do ano
✔️ orgullo ao ensinar o teu aloxamento online
Se xa tes reservas dabondo:
✔️ atraer un cliente máis coidadoso
✔️ diferenciarte doutras opcións da túa zona
✔️ deixar de competir só por prezo

.

como traballo
1. Contacto inicial
Falamos brevemente para coñecer o aloxamento e o que necesitas.
2. Proposta clara
Recibes un orzamento pechado co que imos fotografar.
3. Reportaxe e entrega
Realizo a sesión e entrego as imaxes en poucos días, listas para o seu uso.

.

se cres que o teu aloxamento podería transmitir máis do que mostra agora
Podo axudarche a mellorar esa percepción con fotografías coidadas e pensadas para o uso real.
Escríbeme sen compromiso contándome:
- ✔️ Onde está a túa casa.
- ✔️ Cantos cuartos ten.
- ✔️ Se tes exteriores, xardín, horta, piscina ou unha contorna especialmente interesante.