Roteiro Fotográfico na ruta dos Muíños de Golfariz
(Pardemarín, A Estrada)
Un roteiro fotográfico en plena natureza pensado para aprender a mirar, sentir e fotografar con calma, nun dos recunchos patrimoniais e paisaxísticos máis fermosos de Galicia.

📸 Presentación do roteiro
Este roteiro non está pensado para facer “a mellor foto”, senón para algo moito máis importante: aprender a mirar doutro xeito. Nun contexto no que facemos fotos constantemente, moitas veces esquecemos parar, observar a luz, comprender a escena e sentir o lugar antes de fotografar. Ao longo do percorrido polos Muíños de Golfariz traballaremos precisamente esa mirada fotográfica: máis consciente, pausada e persoal. Trátase dunha experiencia híbrida, cunha pequena introdución inicial e unha parte principal práctica en plena natureza, onde aprenderás a:
✔︎ Observar antes de disparar.
✔︎ Comprender a luz e o entorno.
✔︎ Buscar encadres con intención.
✔︎ Fotografar a paisaxe e o patrimonio con maior sensibilidade.
✔︎ Desenvolver unha mirada fotográfica propia.
Porque a fotografía non consiste só en capturar imaxes, senón en mirar, interpretar e sentir o que temos diante. Un roteiro para fotografar sen présa, conectar coa paisaxe e redescubrir o entorno a través da cámara… ou simplemente a través da mirada.

.

.
🌿 Sobre a Ruta dos Muíños de Golfariz
Situada na parroquia de Pardemarín (A Estrada, Pontevedra), a Ruta dos Muíños de Golfariz é un percorrido que discorre pola beira do regueiro de Golfariz, entre bosque de ribeira, pontes tradicionais, elementos etnográficos e antigos muíños hidráulicos vinculados ao uso histórico da auga para moer o gran.
Trátase dun espazo de grande valor paisaxístico e patrimonial, onde natureza e arquitectura tradicional conviven de forma harmónica, ofrecendo múltiples posibilidades fotográficas: auga en movemento, pedra, vexetación autóctona, pequenas fervenzas e recunchos de grande interese visual.
A recuperación e posta en valor da ruta débese ao traballo de Manuel López Castiñeiras, un veciño da zona que tras a súa xubilación como canteiro, impulsou a súa limpeza, restauración e conservación, permitindo preservar este conxunto etnográfico e facelo accesible para o seu desfrute.
Ao longo do roteiro descubriremos varios muíños tradicionais, pontes, unha fonte, unha pequena fervenza e diferentes puntos de especial interese fotográfico integrados na paisaxe.

.

.

🧭 Enfoque do roteiro
✔︎ Nivel: iniciación e afeccionados.
✔︎ Non é necesario ter cámara profesional (pódese asistir con cámara compacta ou móbil).
✔︎ Explicación inicial breve + práctica guiada durante o percorrido.
✔︎ Acompañamento fotográfico continuo durante a actividade.
✔︎ Resolución de dúbidas en campo e consellos personalizados.
O obxectivo principal é aprender facendo, en contacto directo co entorno e adaptando as explicacións ao nivel de cada participante.

.

.
🕒 Información práctica
Data: 21 de marzo.
Horario: de 10:00 a 13:00 h.
Duración: 3 horas.
Localización: Ruta dos Muíños de Golfariz (Pardemarín, A Estrada).
(O punto de encontro enviarase ás persoas inscritas).
Nivel: iniciación e afeccionados.
Guía: Juan Carlos Asorey – fotógrafo e formador en fotografía.
Prazas limitadas.

.

🎒 Que inclúe o roteiro
✔︎ Roteiro fotográfico guiado de 3 horas.
✔︎ Introdución práctica á fotografía de paisaxe e patrimonio.
✔︎ Acompañamento con información relevante do lugar e asesoramento fotográfico durante todo o percorrido.
✔︎ Consellos técnicos e creativos adaptados ao teu nivel.
✔︎ Pequenos exercicios e propostas fotográficas en distintos puntos do roteiro.
✔︎ Pequeno dossier impreso con:
- ✓ Introdución ao roteiro.
- ✓ Historia resumida do lugar.
- ✓ Guía práctica de fotografía básica.
- ✓ 10 trucos fotográficos para mellorar as túas imaxes.
- ✓ Varios retos fotográficos opcionais que poderás poñer en práctica durante o percorrido.
🥾 Que traer
✔︎ Cámara fotográfica ou teléfono móbil.
✔︎ Batería / teléfono móbil con carga.
✔︎ Trípode (se o tes).
✔︎ Calzado cómodo para camiñar.
✔︎ Roupa axeitada á meteoroloxía.
✔︎ Gañas de aprender, observar e gozar da fotografía na natureza.

.

❗ Condicións de participación e reserva
✔︎ A participación está aberta a persoas maiores de 16 anos.
✔︎ Os menores de 18 anos deberán asistir acompañados dun adulto responsable.
✔︎ As inscricións realizaranse previamente a través do formulario correspondente.
✔︎ A reserva da praza realízase por orde de inscripcion e mediante pagamento previo por transferencia bancaria.
✔︎ Unha vez recibido o pagamento, enviarase un correo de confirmación coa praza reservada e toda a información detallada da actividade.
✔︎ Prezo de participación: 30 € por persoa.
❌ Política de cancelación
✔︎ A cancelación con máis de 7 días de antelación respecto á data do roteiro dará dereito á devolución íntegra do importe abonado.
✔︎ As cancelacións realizadas entre 7 días e 48 horas antes do inicio da actividade terán dereito á devolución do 50 % do importe.
✔︎ As cancelacións efectuadas con menos de 48 horas de antelación non darán dereito a devolución, debido á planificación previa da actividade e á limitación de prazas.
✔︎ No caso de non poder asistir, a praza poderá cederse a outra persoa previa comunicación á organización.
✔︎ Se a actividade tivese que ser cancelada por causas organizativas, meteorolóxicas adversas ou por non acadar o número mínimo de participantes, ofrecerase a devolución íntegra do importe ou a posibilidade de cambio a outra data dispoñible.
📩 Inscrición
Para participar, é necesario cubrir o formulario de inscrición, aceptando as condicións de participación e reserva e a política de cancelación.
Unha vez recibida a solicitude, facilitaranse as instrucións para realizar o pagamento e formalizar a reserva da praza.
Fotografías: ©Juan Carlos Asorey