Roteiro Fotográfico na ruta dos Muíños de Golfariz 

(Pardemarín, A Estrada) 

Un roteiro fotográfico en plena natureza pensado para aprender a mirar, sentir e fotografar con calma, nun dos recunchos patrimoniais e paisaxísticos máis fermosos de Galicia.


Ruta dos Muíños de Golfariz en Pardemarín, A Estrada, entorno natural con regato e bosque de ribeira

📸 Presentación do roteiro

Este roteiro non está pensado para facer “a mellor foto”, senón para algo moito máis importante: aprender a mirar doutro xeito. Nun contexto no que facemos fotos constantemente, moitas veces esquecemos parar, observar a luz, comprender a escena e sentir o lugar antes de fotografar. Ao longo do percorrido polos Muíños de Golfariz traballaremos precisamente esa mirada fotográfica: máis consciente, pausada e persoal. Trátase dunha experiencia híbrida, cunha pequena introdución inicial e unha parte principal práctica en plena natureza, onde aprenderás a:

✔︎ Observar antes de disparar.

✔︎ Comprender a luz e o entorno.

✔︎ Buscar encadres con intención.

✔︎ Fotografar a paisaxe e o patrimonio con maior sensibilidade.

✔︎ Desenvolver unha mirada fotográfica propia.

Porque a fotografía non consiste só en capturar imaxes, senón en mirar, interpretar e sentir o que temos diante. Un roteiro para fotografar sen présa, conectar coa paisaxe e redescubrir o entorno a través da cámara… ou simplemente a través da mirada.



Ruta dos Muíños de Golfariz en Pardemarín, A Estrada, entorno natural con regato e bosque de ribeira

.

Fonte tradicional de pedra na Ruta dos Muíños de Golfariz, patrimonio etnográfico en A Estrada

.


🌿 Sobre a Ruta dos Muíños de Golfariz

Situada na parroquia de Pardemarín (A Estrada, Pontevedra), a Ruta dos Muíños de Golfariz é un percorrido que discorre pola beira do regueiro de Golfariz, entre bosque de ribeira, pontes tradicionais, elementos etnográficos e antigos muíños hidráulicos vinculados ao uso histórico da auga para moer o gran.

Trátase dun espazo de grande valor paisaxístico e patrimonial, onde natureza e arquitectura tradicional conviven de forma harmónica, ofrecendo múltiples posibilidades fotográficas: auga en movemento, pedra, vexetación autóctona, pequenas fervenzas e recunchos de grande interese visual.

A recuperación e posta en valor da ruta débese ao traballo de Manuel López Castiñeiras, un veciño da zona que tras a súa xubilación como canteiro, impulsou a súa limpeza, restauración e conservación, permitindo preservar este conxunto etnográfico e facelo accesible para o seu desfrute.

Ao longo do roteiro descubriremos varios muíños tradicionais, pontes, unha fonte, unha pequena fervenza e diferentes puntos de especial interese fotográfico integrados na paisaxe.

Regato e pequena fervenza na Ruta dos Muíños de Golfariz, roteiro paisaxístico en A Estrada

.

Muíño tradicional na Ruta dos Muíños de Golfariz en Pardemarín (A Estrada, Pontevedra)

.

Paisaxe de primavera na Ruta dos Muíños de Golfariz, entorno natural en Pardemarín (A Estrada)

🧭 Enfoque do roteiro

✔︎ Nivel: iniciación e afeccionados.

✔︎ Non é necesario ter cámara profesional (pódese asistir con cámara compacta ou móbil).

✔︎ Explicación inicial breve + práctica guiada durante o percorrido.

✔︎ Acompañamento fotográfico continuo durante a actividade.

✔︎ Resolución de dúbidas en campo e consellos personalizados.

O obxectivo principal é aprender facendo, en contacto directo co entorno e adaptando as explicacións ao nivel de cada participante.

Paisaxe de primavera na Ruta dos Muíños de Golfariz, entorno natural en Pardemarín (A Estrada)

.

Regato e pequena fervenza na Ruta dos Muíños de Golfariz, roteiro paisaxístico en A Estrada

.


🕒 Información práctica

Data: 21 de marzo.

Horario: de 10:00 a 13:00 h.

Duración: 3 horas.

Localización: Ruta dos Muíños de Golfariz (Pardemarín, A Estrada).

(O punto de encontro enviarase ás persoas inscritas).

Nivel: iniciación e afeccionados.

Guía: Juan Carlos Asorey – fotógrafo e formador en fotografía.

Prazas limitadas.

Muíño tradicional na Ruta dos Muíños de Golfariz en Pardemarín (A Estrada, Pontevedra)

.

Roteiro fotográfico de natureza nos Muíños de Golfariz guiado por fotógrafo en A Estrada

🎒 Que inclúe o roteiro

✔︎ Roteiro fotográfico guiado de 3 horas.

✔︎ Introdución práctica á fotografía de paisaxe e patrimonio.

✔︎ Acompañamento con información relevante do lugar e asesoramento fotográfico durante todo o percorrido.

✔︎ Consellos técnicos e creativos adaptados ao teu nivel.

✔︎ Pequenos exercicios e propostas fotográficas en distintos puntos do roteiro.

✔︎ Pequeno dossier impreso con:

  • ✓ Introdución ao roteiro.
  • ✓ Historia resumida do lugar.
  • ✓ Guía práctica de fotografía básica.
  • ✓ 10 trucos fotográficos para mellorar as túas imaxes.
  • ✓ Varios retos fotográficos opcionais que poderás poñer en práctica durante o percorrido.

🥾 Que traer

✔︎ Cámara fotográfica ou teléfono móbil.

✔︎ Batería / teléfono móbil con carga.

✔︎ Trípode (se o tes).

✔︎ Calzado cómodo para camiñar.

✔︎ Roupa axeitada á meteoroloxía.

✔︎ Gañas de aprender, observar e gozar da fotografía na natureza.

Pequena fervenza na Ruta dos Muíños de Golfariz, roteiro paisaxístico en A Estrada

.

Ruta dos Muíños de Golfariz en Pardemarín, A Estrada, entorno natural con regato e bosque de ribeira

Condicións de participación e reserva

✔︎ A participación está aberta a persoas maiores de 16 anos.

✔︎ Os menores de 18 anos deberán asistir acompañados dun adulto responsable.

✔︎ As inscricións realizaranse previamente a través do formulario correspondente.

✔︎ A reserva da praza realízase por orde de inscripcion e mediante pagamento previo por transferencia bancaria.

✔︎ Unha vez recibido o pagamento, enviarase un correo de confirmación coa praza reservada e toda a información detallada da actividade.

✔︎ Prezo de participación: 30 € por persoa.

❌ Política de cancelación

✔︎ A cancelación con máis de 7 días de antelación respecto á data do roteiro dará dereito á devolución íntegra do importe abonado.

✔︎ As cancelacións realizadas entre 7 días e 48 horas antes do inicio da actividade terán dereito á devolución do 50 % do importe.

✔︎ As cancelacións efectuadas con menos de 48 horas de antelación non darán dereito a devolución, debido á planificación previa da actividade e á limitación de prazas.

✔︎ No caso de non poder asistir, a praza poderá cederse a outra persoa previa comunicación á organización.

✔︎ Se a actividade tivese que ser cancelada por causas organizativas, meteorolóxicas adversas ou por non acadar o número mínimo de participantes, ofrecerase a devolución íntegra do importe ou a posibilidade de cambio a outra data dispoñible.

📩 Inscrición

Para participar, é necesario cubrir o formulario de inscrición, aceptando as condicións de participación e reserva e a política de cancelación.

Unha vez recibida a solicitude, facilitaranse as instrucións para realizar o pagamento e formalizar a reserva da praza.

Fotografías: ©Juan Carlos Asorey