Pena Trevinca

Xeral - Comentarios -

PENA TREVINCA:

Lembranzas dunha ruta que hoxe arde

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca5-ts20250820182348619398.jpg

En 2018 fixen unha das rutas de Pena Trevinca, a Ruta das Lagoas - Xares (A Veiga), algo que lembro con moito agarimo. Foron arredor de 15 km, e os primeiros pasos discurriron entre árbores, sombra e verde, acompañados polo murmurio da auga e ese frescor que facía máis doada a camiñada. Pero logo, ao ascender, o camiño ábrese a ceo aberto. A vista cambia: o cheiro das xestas en flor, as carrascas que salpican a paisaxe... É unha riqueza natural que te alucina!

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca3-ts20250820182902220927.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca23-ts20250821081747453015.jpg

A metade de camiño fixemos unha parada xunto a un regato, para descansar e comer algo. Prácticamente desde o comezo da ruta, notaba certa dor nunha cadeira, que ía aumentando pouco a pouco a medida que o esforzo por seguir subindo tamén aumentaba. Por un intre dubidei se sería quen de chegar ata o final, mais tiña claro que merecía a pena seguir. O premio esperaba máis arriba: as lagoas de Pena Trevinca. Chegar e velas foi un momento máxico, deses que fan que todo o esforzo e cansazo se transformen en satisfacción.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca10-ts20250820183233446463.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca2-ts20250821082437996733.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca9-ts20250820183334184129.jpg
Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca8-ts20250820183655821137.jpg

As lagoas de Trevinca que te atopas nesta ruta, Laceira, Carrizais e Ocelo, forman parte dun ecosistema de alta montaña cheo de vida e de contrastes. Son espellos de auga glaciar que aparecen como tesouros agochados entre montes e penedos, lugares que sorprenden pola súa calma e polo seu valor natural. Ao chegar a elas, un sente que o camiño cobra sentido: son a mellor mostra de como a natureza sabe recompensar o esforzo con beleza.

Lagoa de Laceira

A lagoa de Laceira destaca pola súa serenidade e pola sensación de quietude que transmite. A súa superficie tranquila reflicte o ceo e a contorna, creando unha paisaxe que convida a deter o tempo e observar.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca11-ts20250820184318645513.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca14-ts20250820184334211729.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca12-ts20250820184348270734.jpg

Lagoa de Carrizais

Carrizais recibe o nome pola vexetación que medra nas súas beiras, que lle dá un carácter máis silvestre. É un espazo cheo de vida, onde a natureza se mostra próxima e accesible.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca15-ts20250820184636649388.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca16-ts20250820184648535346.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca17-ts20250820184653215451.jpg

Lagoa de Ocelo

Ocelo sorprende pola súa localización, recollida entre montes. É un deses lugares nos que a auga e a pedra dialogan en harmonía, ofrecendo unha estampa única e chea de forza.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca19-ts20250820184847588973.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca20-ts20250820184853124373.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca21-ts20250820184858518972.jpg

Non cheguei ata a lagoa da Serpe, preferín deixar esa visita para outra ocasión. Pero daquela xornada quedei cunha aprendizaxe moi clara: ás veces hai que loitar contra as propias limitacións, porque a recompensa de chegar é moito maior do que un imaxina.


Hoxe, ao lembrar esa experiencia, síntome especialmente doído. Pena Trevinca está a sufrir os efectos dun incendio que arrasou boa parte da súa contorna natural. As chamas mesmo alcanzaron a cume máis alta de Galicia (2.127 m) e ameazan o Teixedal de Casaio, un bosque de teixos milenarios de valor incalculable.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca1-ts20250820210412134959.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca6-ts20250820210407485336.jpg

Non é un incendio máis. Arde un espazo natural único, un referente patrimonial e paisaxístico, parte da nosa identidade. Detrás de cada paso, cada lagoa e cada recuncho que admirei naquela ruta, hai memoria e futuro. 

Juan Carlos Asorey fotografía - pena_trevinca22-ts20250820210422336101.jpg

Sirva esta entrada como unha pequena homenaxe aos veciños e veciñas destas terras que tanto me sorprenderon e namoraron e que, durante estes días, loitaron contra o lume coas súas propias mans e cos seus propios medios para protexer este tesouro. 

Tamén para lembrar que estos son lugares únicos que debemos respectar, coidar e preservar con toda a seriedade que merecen. 

Polo ben de tod@s, espero que Trevinca poida recuperarse canto antes desta grande ferida. 

Forza, Trevinca! Voltarei...


Fotografías: ©Juan Carlos Asorey


A fotografía profesional pode marcar a diferenza na percepción dos teus proxectos. Se queres imaxes que transmitan profesionalidade, calidade e impacto, estou aquí para axudarche. Contacta comigo e vexamos como realzar a túa visión a través da fotografía.


Compartir 

Deixa o teu comentario
O teu enderezo de correo electrónico non será publicado

4 + 9 =
Últimas entradas
Categorías
Ver anterior