Polas terras de Don Quixote

Xeral - Comentarios -

ENTRE MUÍÑOS E CHAIRAS

Unha viaxe fotográfica pola paisaxe manchega

Juan Carlos Asorey fotografía - alcazar-de-san-juan2-editar-ts20250616105148273664.jpg

Panorámiza de Alcázar de San Juan dende os seus muíños

Hai un lugar que durante moito tempo chamou a miña atención, ata que hai uns anos tiven a oportunidade de visitalo e coñecelo: Castela a Mancha, ou as terras de Don Quixote. Un territorio que levaba anos ocupando un recuncho do meu imaxinario, alimentado tanto pola novela de Cervantes como pola mítica serie de debuxos animados dos anos 80 que, coma tantas outras, marcaron a miña infancia.

Aqueles muíños de vento convertidos en xigantes, aquelas chairas infinitas e personaxes cargados de idealismo quedáronme gravados e, dende entón sempre souben que, tarde ou cedo, acabaría buscando esa paisaxe para coñecela, sentila… e fotografala.


Muíños e horizontes: símbolos dunha terra

Se hai un elemento arquitectónico que define A Mancha, ese é o muíño de vento. Fun na súa busca en lugares emblemáticos como Consuegra, Campo de Criptana, Puerto Lápice, Alcázar de San Juan ou Mota del Cuervo. En cada un deles, a presenza dos muíños non é só testemuño do pasado, senón parte do seu presente, da súa identidade visual e cultural.

Juan Carlos Asorey fotografía - campo-de-criptana-ts20250616105947881064.jpg

Vista panorámiza de Campo de Criptana

Estas construcións destacan pola súa sobriedade e pola maneira en que se integran no relevo. As brancas torres de pedra, coroando outeiros ou elevacións, parecen colocadas con precisión para recoller o vento e para observar, dende as alturas, o paso do tempo sobre a chaira.

Juan Carlos Asorey fotografía - alcazar-de-san-juan-ts20250616110142350051.jpg

Muíños de Alcázar de San Juan

Consuegra, co seu conxunto perfectamente aliñado de muíños no alto do cerro Calderico acompañando o castelo é un dos lugares máis coñecidos e visitados. A visión dende alí resume a imaxe arquetípica da Mancha: branco, ceo azul e unha liña interminable de terra.

Juan Carlos Asorey fotografía - dsc_0273-ts20250616110442322346.jpg

Vista parcial de Consuegra dende o cerro Calderico

Juan Carlos Asorey fotografía - dsc_0328-ts20250616110452287694.jpg

Muíños de Consuegra e castelo da Moa

Moi preto, en Campo de Criptana, atopamos outro grupo notable de muíños, tres deles declarados Ben de Interese Cultural, que manteñen a estrutura e a maquinaria orixinal.

Juan Carlos Asorey fotografía - campo-de-criptana2-ts20250616111103184652.jpg

Vista parcial de Campo de Criptana

Juan Carlos Asorey fotografía - campo-de-criptana9-editar-ts20250616111117195335.jpg

Muíños en Campo de Criptana

Juan Carlos Asorey fotografía - campo-de-criptana5-ts20250616111125606669.jpg

Nocturna en Campo de Criptana

Puerto Lápice destaca, ademais de polos muíños, pola arquitectura tradicional que conserva, como é o caso da súa praza porticada que conserva o espírito das vendas cervantinas.

Juan Carlos Asorey fotografía - puerto-lapice3-ts20250616111515862739.jpg

Detalle da Praza da Constitución, (Puerto Lápice).

Juan Carlos Asorey fotografía - puerto-lapice1-ts20250616111529660367.jpg

Paisaxe manchega dende os muíños de Puerto Lápice

En Alcázar de San Juan tiven a ocasión de vivir un dos momentos máis especiais desta viaxe. Non todos os días é posible presenciar unha fermosa posta de sol xunto a estos muíños que dominan a vila. Un intre de luz e silencio que resulta difícil esquecer.

Juan Carlos Asorey fotografía - alcazar-de-san-juan1-ts20250616112042396649.jpg

Solpor dende os muíños de Alcázar de San Juan

Mota del Cuervo, que se presenta como “o balcón da Mancha”, con sete muíños no alto do cerro, conta cunhas vistas espectaculares sobre a contorna.

Juan Carlos Asorey fotografía - mota-del-cuervo1-ts20250616112524435412.jpg

Catro dos muíños de Mota del Cuervo

Juan Carlos Asorey fotografía - mota-del-cuervo-ts20250616112544281503.jpg

Muíño e vista parcial de Mota del Cuervo


Máis alá dos muíños: pobos con carácter

Ao longo da viaxe, descubrín que A Mancha ofrece moito máis que muíños. Lugares como Tembleque, El Toboso, Argamasilla de Alba ou Belmonte conservan un patrimonio arquitectónico e cultural que paga a pena mirar con atención.

Juan Carlos Asorey fotografía - puerto-lapice-ts20250616142743963838.jpg

As referencias a Don Quixote son comúns en calquer pobo da Comunidade

Juan Carlos Asorey fotografía - el-toboso-ts20250616142755722616.jpg

Dulcinea cobra un especial protagonismo en El Toboso


A praza maior de Tembleque, coas súas galerías de madeira de traza barroca hexagonal, é un exemplo perfecto da súa arquitectura popular. En El Toboso, a sombra literaria de Dulcinea convive coa beleza das rúas encaladas e os muros cheos de historia.

Outro lugar que paga a pena é Argamasilla de Alba, onde unha antiga tradición afirma que, concretamente na cova da Casa de Medrano, estivo preso Cervantes, e que foi neste lugar onde comezou a deseñar a súa obra.

Juan Carlos Asorey fotografía - tembleque-ts20250616140718255691.jpg

Unha das entradas á Praza Maior de Tembleque

Juan Carlos Asorey fotografía - argamansilla-de-alba-ts20250616140727463799.jpg

Cova da Casa de Medrano, (Argamansilla de Alba)

En Belmonte, a monumentalidade do seu castelo gótico-mudéxar convive coa beleza do seu conxunto urbano.

Juan Carlos Asorey fotografía - belmonte-ts20250616142053491616.jpg

Panorámica de Belmonte

Juan Carlos Asorey fotografía - belmonte1-ts20250616142100450575.jpg

O castelo de Belmonte eríxese no alto do cerro de San Cristóbal

Por último chegamos a Tomelloso, un dos núcleos máis dinámicos da comarca. Sorprende a combinación entre tradición e actividade cultural. A vila mantén a esencia manchega nas súas rúas e prazas, e espazos como a Pousada dos Portais —unha antiga construción rehabilitada e declarada Ben de Interés Cultural que conserva o sabor popular e que, ata a década de 1960, serviu aloxamento de viaxeiros e tratantes.

Juan Carlos Asorey fotografía - tomelloso1-ts20250616151216978599.jpg

Concello de Tomelloso

Juan Carlos Asorey fotografía - tomelloso-editar-ts20250616151225517887.jpg

Pousada dos Portais, (Tomelloso)


Paisaxe aberta, ceos infinitos

A Mancha é tamén territorio de ceos enormes e terras xenerosas. As longas rectas entre viñedos, as chairas sen fin, o cromatismo cambiante da terra… Todo isto forma parte dun espazo que se deixa fotografar con sinceridade e que recompensa a quen decide deterse e observar.

Juan Carlos Asorey fotografía - dsc_0311-ts20250616143936740343.jpg

Típica e fascinante paisaxe da Mancha

Juan Carlos Asorey fotografía - carretera-ts20250617092717369582.jpg

As longas rectas son  habituais en toda a ruta

Juan Carlos Asorey fotografía - dsc_0526-ts20250616143946595941.jpg

Plantación de viñedos con amapolas en primeiro plano

Esta viaxe naceu dunha ilusión, como tantas outras que comezan cun desexo pequeno. Pero ás veces os pequenos soños, como ver os muíños de Don Quixote, son os que máis permanecen. Fotografar a Mancha foi para min tanto un exercicio visual coma unha forma de pechar ese círculo iniciado na infancia, entre libros e debuxos animados.

Se non coñeces esta zona de España, recoméndoche que lle deas unha oportunidade. Máis alá da súa evidente relación con Don Quixote, a Mancha ofrece unha combinación singular de cultura, patrimonio, paisaxe e, por qué non dicilo, unha fantástica gastronomía. Un lugar para perderse, sentir… e gozar.


Fotografías: ©Juan Carlos Asorey


A fotografía profesional pode marcar a diferenza na percepción dos teus proxectos. Se queres imaxes que transmitan profesionalidade, calidade e impacto, estou aquí para axudarche. Contacta comigo e vexamos como realzar a túa visión a través da fotografía.


Compartir 

Deixa o teu comentario
O teu enderezo de correo electrónico non será publicado

9 + 6 =
Últimas entradas
Categorías
Ver anterior