Exposición: II Roteiro Fotográfico Muíños de Golfariz

Roteiros Fotográficos - Comentarios -

Golfariz a través de catro miradas

Exposición fotográfica do roteiro do 20 de setembro de 2026

Juan Carlos Asorey Fotografía - participantes-ii-roteiro-fotogra-fico-golfariz-ts20261012172240452464.jpg

O pasado 20 de setembro celebramos unha nova edición do roteiro fotográfico de Golfariz, unha proposta para achegarnos a este lugar desde a fotografía, pero tamén desde a súa historia, o seu patrimonio e a contorna natural.

Ao longo da xornada, combinamos explicacións e indicacións técnicas con tempo para practicar, observar os detalles e experimentar con diferentes maneiras de fotografar o que tiñamos diante. As catro persoas participantes compartiron unha mañá amena e produtiva, na que houbo espazo para aprender, descubrir e, por suposto, gozar do percorrido.

Juan Carlos Asorey Fotografía - participantes-ii-roteiro-fotogra-fico-golfariz-i-ts20261013150137770256.jpg

.

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - participantes-ii-roteiro-fotogra-fico-golfariz-ii-ts20261013150146537103.jpg

.

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - participantes-ii-roteiro-fotogra-fico-golfariz-iii-ts20261013150154750762.jpg

Para rematar, propúxenlles un pequeno exercicio: escoller unha fotografía realizada durante o roteiro que lle ensinarían a alguén que nunca estivese en Golfariz. Unha imaxe que, dalgunha maneira, lle permitise descubrir o lugar e facerse unha idea do que pode atopar nel.

O resultado son catro fotografías e catro interpretacións diferentes. Porque, aínda que percorremos o mesmo espazo, cada persoa observa, selecciona e conta o que ve á súa maneira.


Catro fotografías, catro maneiras de descubrir Golfariz

Moncho

Juan Carlos Asorey Fotografía - foto-roteiro-ts20261013133830683720.jpg

«Escollín unha foto onde reflicte a integración da natureza, curso de auga e vexetación, coa intervención humana cun sendeiro e un muíño.»

Outras fotos de Moncho...

Juan Carlos Asorey Fotografía - 2-ts20261013134223911798.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 4-ts20261013134234573315.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 3-ts20261013134243471582.jpg
Juan Carlos Asorey Fotografía - 5-ts20261013134254341732.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 9-ts20261013134303334582.jpg
Juan Carlos Asorey Fotografía - 6-ts20261013134407687346.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 7-ts20261013134422505253.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 8-ts20261013134430738489.jpg
Juan Carlos Asorey Fotografía - 10-ts20261013134332404082.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 11-ts20261013134342920419.jpg

Unha relación entre natureza e intervención humana

A selección de Moncho combina vistas dos muíños e doutros elementos construídos con detalles da auga e da vexetación. Nunha das fotografías incorpora tamén a presenza dunha persoa que fotografía a contorna, achegando unha dimensión humana ao percorrido. As imaxes permiten apreciar tanto os elementos individuais como a súa integración no lugar.

Fotografías realizadas con cámara bridge.


Ángel

Juan Carlos Asorey Fotografía - foto-roteiro-ts20261013155802213531.jpeg

«Calquera foto que fixen ten o seu significado pero talvez esa é como abrir a porta para descubrir o encanto do lugar.

Penso que cada un ten o seu xeito de ver e interpretar a fotografía e que ás veces un detalle insignificante pode ser relevante e expresar moito.»

Outras fotos de Ángel...

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_8776-ts20261013140100401155.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_8758-ts20261013140109792969.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_8704-ts20261013140118447553.jpeg
Juan Carlos Asorey Fotografía - img_8726-ts20261013140449717824.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_8716-ts20261013140403735978.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_8771-ts20261013140502914238.jpeg
Juan Carlos Asorey Fotografía - img_8740-ts20261013140224847137.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_8752-ts20261013140254410112.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_8786-ts20261013140126624524.jpeg

Unha visión variada dos elementos do lugar

A selección de Ángel percorre distintos elementos de Golfariz: os muíños e as construcións de pedra, os camiños, a auga e as formas da vexetación. Combina vistas máis abertas con detalles e texturas, ofrecendo unha visión variada do lugar e dos elementos que o caracterizan.

Fotografías realizadas con smartphone.


Sesé

Juan Carlos Asorey Fotografía - foto-roteiro-ts20261013155501486140.jpeg

«Escollín esta foto porque creo que representa perfectamente os Muíños e invita a quen a vai querer coñecer o lugar.»

Outras fotos de Sesé...

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_0423-ts20261013141825662386.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_0442-ts20261013141753967618.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_0394-ts20261013141833599901.jpeg
Juan Carlos Asorey Fotografía - img_0400-ts20261013141844961472.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_0412-ts20261013141758217358.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_0401-ts20261013141857913322.jpeg
Juan Carlos Asorey Fotografía - img_0431-ts20261013141931646790.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_0464-ts20261013142011220879.jpeg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - img_0430-ts20261013142001928620.jpeg

Patrimonio e vexetación

Nas fotografías de Sesé destaca a relación entre os muíños e a contorna natural. As construcións aparecen acompañadas de musgos, fentos, reflexos na auga e diferentes recunchos do bosque. A súa selección combina o patrimonio construído con detalles da vexetación que o rodea.

Fotografías realizadas con smartphone.


Lois

Juan Carlos Asorey Fotografía - 1-ts20261013142406437963.jpg

«Creo que esta fotografía representa moi ben o lugar, a luz mostra con naturalidade a paisaxe e o cruceiro, que encaixan en harmonía. Creo que esta fotografía mostra a beleza da natureza, e a calma e tranquilidade que se sente ao visitar este lugar.»

Outras fotos de Lois...

Juan Carlos Asorey Fotografía - 10-ts20261013142937191718.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 8-ts20261013143014179052.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 7-ts20261013143025699572.jpg
Juan Carlos Asorey Fotografía - 5-ts20261013143244760468.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 6-ts20261013143119824930.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 9-ts20261013143128197331.jpg
Juan Carlos Asorey Fotografía - 3-ts20261013143200610734.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 2-ts20261013143036892371.jpg

.

Juan Carlos Asorey Fotografía - 4-ts20261013143149328695.jpg

Atención á luz e ás texturas

Na selección de Lois ten especial importancia a luz, que atravesa a vexetación e ilumina distintos elementos da contorna. Xunto ás vistas da paisaxe e do cruceiro, aparecen detalles de follas, musgos e pequenos insectos acuáticos. Tamén incorpora fotografías da auga en movemento, explorando as diferentes formas e texturas que ofrece este elemento.

Fotografías realizadas con cámara bridge.


Un mesmo lugar, distintos xeitos de mirar

Un dos aspectos máis interesantes dun roteiro fotográfico é comprobar como un mesmo espazo pode dar lugar a imaxes e interpretacións diferentes. Cada persoa escolle aquilo que lle chama a atención, decide que quere mostrar e atopa o seu propio xeito de contalo.

A fotografía tamén nos axuda a reparar en detalles que antes nos pasaban desapercibidos e a descubrir novas formas de entender os lugares que temos preto.

Esta pequena exposición reúne catro desas miradas. Non pretende establecer cal é a mellor fotografía, senón compartir o que cada participante atopou en Golfariz e convidar a outras persoas a descubrilo tamén.

Quero dar os meus parabéns ás persoas participantes e agradecerlles a súa implicación, a súa participación nesta xornada e as achegas fotográficas que fan posible esta exposición.

Grazas por compartir as vosas miradas!

© Juan Carlos Asorey


Compartir 

Deixa o teu comentario
O teu enderezo de correo electrónico non será publicado

1 + 2 =
Últimas entradas
Categorías
Ver anterior