ARQUITECTURA TRADICIONAL GALEGA:
Un patrimonio que resiste ao tempo

Muiño de Montoiro (Ruta dos muíños de Golfariz, Pardemarín, A Estrada)
A arquitectura tradicional galega é, ademáis dunha mostra do pasado, un reflexo da nosa historia, das nosas raíces e do vínculo entre o ser humano e a natureza. En cada elemento, desde os pequenos cruceiros ata os impresionantes pazos, latexa unha historia que merece ser contada, conservada e compartida.
A identidade das aldeas: cruceiros, hórreos e muíños
Os hórreos, auténticos iconos da nosa paisaxe, mostran a enxeñería popular máis eficiente. As súas formas elevadas e ventiladas eran ideais para conservar o gran en perfecto estado, e cada zona ten os seus propios detalles únicos, desde os hórreos de pedra ata os de madeira, de forma cadrada, rectangular...

Conxunto etnográfico de Serrapio (Cercedo- Cotobade)

Eira da Hermida (Filgueira, Cerdedo- Cotobade)

Hórreo típico dos Ancares (Piornedo, Cervantes)
En Catoira tamén atopamos uns muíños de vento, según parece, únicos na Península Ibérica. Por último, salientar que Galicia conta varios muíños de mareas en diversos lugares da nosa xeografía.

Muíño dos Obelleiros (Ruta dos muíños de Vesacarballa, Sabucedo, A Estrada)

Muíño de vento (Pedras Miúdas, Catoira)
Os pazos: a elegancia da tradición
Os pazos galegos son exemplos de elegancia e funcionalidade. Construídos maioritariamente entre os séculos XVII e XIX, eran residencia da nobreza ou familias acomodadas.
As súas características destacan polo uso de pedra granítica, amplas escaleiras exteriores, chemineas prominentes e fermosos xardíns. Son fermosas construcións que representan unha forma de vida ligada á terra e ás tradicións.

Pazo de Trasariz (Vimianzo, A Coruña)

Pazo de Lourizán (Pontevedra)

Pazo de Quintáns (Noalla, Meis)
As pallozas: vivendas tradicionais do rural galego
As pallozas son un exemplo único da arquitectura tradicional galega, especialmente visibles na comarca dos Ancares e en zonas da montaña lucense. Estas construcións, feitas de pedra e cun tellado cónico de palla, estaban adaptadas ás condicións climáticas máis adversas e formaban o centro da vida familiar e agrícola. As súas formas circulares ou ovaladas, xunto coa harmonía co entorno natural, fan delas un símbolo de equilibrio entre a arquitectura e a paisaxe. Considero que fotografar estas estruturas é unha oportunidade para documentar e destacar un dos elementos máis singulares e emblemáticos do noso patrimonio.

Pallozas no Piornedo (Cervantes, Lugo)

Palloza e hórreo (Cervantes, Lugo)
Casas de pedra e pizarra: a forza dos materiais naturais

Vilarxubín (A Pontenova)

Fachada en Vilarxubín (A Pontenova)
Estes fogares, de muros grosos e pequenas ventás, tiñan como obxectivo principal protexer os habitantes das condicións climáticas da rexión. A súa sinxeleza estrutural contrasta coa beleza da súa integración na paisaxe. Cada casa ten unha historia, cada fenda na pedra é testemuña do paso do tempo.

Vilarxubín (A Pontenova)

Seceda (Folgoso do Courel)
A fotografía como ferramenta para preservar a memoria
A arquitectura tradicional galega é parte fundamental e indiscutible do noso patrimonio cultural; en definitiva, unha xoia que debemos coidar e protexer. A través da fotografía profesional, os elementos da mesma cobran unha nova vida e gañan protagonismo. Documentar cruceiros, hórreos, pazos, muíños ou pallozas, ademáis de contribuir a preservar a súa memoria, tamén axuda a concienciar sobre a importancia de conservalos. Para asociacións culturais, iniciativas turísticas ou proxectos educativos, contar con imaxes de alta calidade é esencial para poñer en valor estes espazos.
Espero que este percorrido polo noso patrimonio sirva para enxalzar a súa importancia e a súa beleza, e para lembrar que todos temos un papel relevante no seu coidado e preservación.
Fotografías: ©Juan Carlos Asorey
A fotografía profesional pode marcar a diferenza na percepción dos teus proxectos. Se queres imaxes que transmitan profesionalidade, calidade e impacto, estou aquí para axudarche. Contacta comigo e vexamos como realzar a túa visión a través da fotografía.