Igrexa de Sta. Baia de Pardemarín

Xeral - Comentarios -

IGREXA DE STA. BAIA DE PARDEMARÍN:

Un legado entre o románico e o neoclásico

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc3024-40-ts20250210165133593616.jpg


Hai lugares que, por moitos anos que pasen, permanecen ancorados na nosa memoria. A igrexa de Santa Baia de Pardemarín é, para min, un deses espazos. Nela, por exemplo, casaron meus pais, e foi un punto de referencia durante a maior parte da miña vida. Sempre presente na paisaxe da aldea, formando parte do día a día da xente e das súas historias. É por esto que decidín retratala como nunca antes se fixo, explorando cada recuncho cunha nova mirada e capturando en imaxes a esencia dun templo que, ao longo dos séculos, foi moldeado tanto polo tempo coma polas mans que o foron erguendo e restaurando.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc3046_-ts20250212115907827455.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc3022-39-ts20250210192440138255.jpg

Unha mestura de estilos cun pasado medieval


A igrexa de Santa Baia de Pardemarín, situada na parroquia homónima no concello da Estrada, Pontevedra, é un exemplo de arquitectura que combina a sobriedade do neoclásico co legado do románico medieval. A súa estrutura actual correspóndese co estilo neoclásico, pero conserva elementos reutilizados dun templo anterior que podería datarse no último terzo do século XII.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc3079-editar-ts20250210171722714115.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc3084-ts20250210185621634505.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc3057-49-ts20250210171607678423.jpg

A construción presenta unha nave única con ábside rectangular e unha dependencia cuadrangular engadida posteriormente no lateral sur para ampliar a súa capacidade. A portada principal, alintelada e enmarcada por unha moldura refundida, destaca pola súa clave marcada e unha liña de imposta que percorre a fachada. Sobre ela, unha fornela de arco semicircular alberga unha imaxe, e o conxunto remata cunha espadana central de dobre van. Os muros laterais, lisos, están coroados por unha cornixa moldurada.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2852-1-ts20250208193144209574.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2864-6-ts20250208193204257323.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2878-11-ts20250208193258344206.jpg
Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2883-ts20250208193549407255.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2867-7-ts20250208193953165096.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2886-15-ts20250208194012141606.jpg

Vestixios do románico: un pasado esculpido na pedra 

A presenza de elementos románicos reutilizados danos pistas sobre a existencia dun templo anterior. No exterior consérvase un gran capitel vexetal, moi erosionado, con voluminosas follas posiblemente picudas e avolutadas. Tamén se pode observar un fragmento de arquivolta inserido no muro norte, decorado con bólas entre baquetóns desgastados. Ademais, as paredes mostran diversas marcas de canteiro e símbolos gravados, como unha parella de círculos dobres en relevo e unha circunferencia rodeada doutras de maior tamaño.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2924-23-ts20250208191809910203.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2926-24-ts20250208191828524828.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2919-22-ts20250208191838222031.jpg

Ten unha interesante pía bautismal románica que actualmente fai a función de altar, e tres pías de auga bendita de pedra dan a benvida aos fieis tras cada unha das entradas do templo. 

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2936-ts20250211121045388416.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2993-ts20250211121109666485.jpg

.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc2999-40-ts20250211121123885502.jpg

Unhas escaleiras á dereita da entrada principal lévannos á tribuna, localización elevada desde a que os fieis poden seguir os oficios relixiosos. Ademais é a zona desde a cal, a través dunha pequena porta, se accede ao campanario.

Juan Carlos Asorey fotografía - _dsc3014_-ts20250211122121828092.jpg

As campás, testemuñas do paso do tempo

As campás da igrexa tamén contan a súa historia. A máis grande, fundida en 1903 por J. Liste en Orazo, leva a inscrición JHS MARIA Y JOSÉ AÑO DE 1903. A máis pequena, datada en 1780, leva unha dedicatoria a Santa Bárbara e a Santa Eulalia de Pardemarín, cunha inscrición que testemuña o seu abade naquela época.

O tellado foi renovado no ano 2002 e a madeira das campás en 2003.

Juan Carlos Asorey fotografía - campanario-ts20250210164734383868.jpg

A fotografía como ferramenta de conservación


Retratar a igrexa de Santa Baia de Pardemarín é unha forma de render homenaxe á miña propia historia e á memoria dun patrimonio que merece ser coñecido e preservado. A fotografía arquitectónica e de interiorismo permítenos capturar detalles únicos, moitas veces inadvertidos, que enriquecen a nosa comprensión dos espazos. Estas imaxes non só serven como testemuño visual, senón que tamén son unha ferramenta fundamental para proxectos de divulgación, iniciativas turísticas e asociacións de defensa do patrimonio.

A igrexa de Pardemarín é moito máis ca un templo: é un compendio de historias, unha mostra do enxeño das xeracións pasadas e un reflexo da identidade dun pobo. Con esta reportaxe fotográfica, espero achegar unha nova mirada a este espazo e contribuír, dalgún xeito, á súa posta en valor.

Fotografías: ©Juan Carlos Asorey

Fontes consultadas: Tabeirós Montes (tabeirosmontes.com) e Románico Digital (romanicodigital.com).


A fotografía profesional pode marcar a diferenza na percepción dos teus proxectos. Se queres imaxes que transmitan profesionalidade, calidade e impacto, estou aquí para axudarche. Contacta comigo e vexamos como realzar a túa visión a través da fotografía.


Compartir 

Deixa o teu comentario
O teu enderezo de correo electrónico non será publicado

1 + 1 =
Últimas entradas
Categorías
Ver anterior Ver seguinte