AS CICATRICES DO TEMPO:
Luz, sombra e memoria en lugares abandonados

.

A fotografía de lugares abandonados e en ruínas é unha paixón que me acompaña dende hai moitos anos. A través da miña cámara, tiven a oportunidade de retratar lugares esquecidos que, malia o paso do tempo, conservan unha beleza única e evocadora.
Este tipo de fotografía, coñecida como urbex (abreviatura de "urban exploration" ou exploración urbana), consiste en explorar e documentar lugares abandonados ou en desuso. En Galicia e no norte de Portugal, existen numerosos lugares que, aínda que xa non cumpren a súa función orixinal, seguen contando historias a través das súas paredes, texturas e atmosferas.

.

.

.

.

.

Outros lugares inclúen antigos hospitais psiquiátricos que, tras décadas de actividade, foron pechados e deixados ao esquecemento, conservando aínda a súa impoñente estrutura. Tamén hoteis que, noutro tempo, acolleron visitantes en busca de descanso e que hoxe se erguen como esqueletos de pedra e madeira.

.

Fábricas que foron motores económicos das súas comunidades, hoxe cubertas de grafitis e convertidas en espazos de expresión artística espontánea. Algunhas mesmo agochan tras de si capítulos máis escuros da nosa historia, como o caso dun antigo complexo industrial que chegou a funcionar como campo de concentración durante o franquismo, e que hoxe foi rehabilitado, aínda que o seu uso actual é incerto. E torres anexas a antigas fortalezas, que, malia o seu estado de ruína, seguen dominando a paisaxe e lembrando tempos pasados.

.

.

.

.

.


.

.

.
As imaxes que conforman esta entrada son só unha pequena selección de todas as fotografías de lugares abandoados que teño no meu arquivo. É, ademáis, unha mostra do meu compromiso coa fotografía como ferramenta para documentar e poñer en valor o patrimonio esquecido. Espero que vos gusten tanto como a min me gustou capturalas.
Fotografías: Juan Carlos Asorey
A fotografía profesional pode marcar a diferenza na percepción dos teus proxectos. Se queres imaxes que transmitan profesionalidade, calidade e impacto, estou aquí para axudarche. Contacta comigo e vexamos como realzar a túa visión a través da fotografía.