axudo a que os teus espazos transmitan todo o seu potencial
fotografía de arquitectura, interiorismo e paisaxismo con sentido práctico
Son Juan Carlos Asorey, fotógrafo especializado en arquitectura, interiorismo e paisaxismo.
O meu obxectivo é simple: ofrecer imaxes que funcionen —imaxes que axuden a poñer en valor o teu proxecto, espazo ou actividade.
Que che ofrezo
Imaxes claras e coidadas que mostran a solución do proxecto e a súa personalidade.
Material útil para web, redes, plataformas (Booking, Airbnb, etc.) e comunicación profesional.
Unha mirada que respecta o espazo e valora o seu vínculo co territorio.

.

.

con quen traballo
Arquitectos/as
Interioristas
Paisaxistas
Constructoras
Casas de turismo rural
Hoteis e restaurantes
Adegas e outros espazos produtivos
Concellos e axencias turísticas
Asociacións patrimoniais e culturais.

.

.

Por que funciona o meu enfoque
Planificación práctica: sesión orientada aos usos reais das imaxes.
Fotos con intención: non ‘bonitas por bonitas’, senón útiles para explicar proxectos, captar clientes ou diferenciarte da competencia.
Sensibilidade territorial: entendo como o lugar (paisaxe, materiais, tradición) inflúe na comunicación visual.

.

.

Quero facilitarche as cousas
Contacto e planificación
Falamos das túas necesidades, elaboro un orzamento claro e, unha vez aceptado, asinamos un contrato de servizos que garante transparencia e tranquilidade para ambas partes.
Sesión fotográfica
Realizo as fotos correspondentes, buscando sempre transmitir a esencia do espazo en base ás túas necesidades.
Selección, edición e entrega
Escollo as mellores imaxes, edítoas e entrégochas listas para usar, en alta e baixa resolución.